UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA
Un novo Día do Orgullo LGBT sen a bandeira "arco da vella" no Pazo de María Pita
A concelleira do BNG Avia Veira –quen xa se interesara por esta cuestión en 2021- acaba de rexistrar unha pregunta por escrito sobre esta cuestión a medio da cal interésase por saber “o motivo” polo que “o Goberno Local eludiu a data do 28X e non pendurou ningunha bandeira ‘arco da vella’, símbolo do movemento LGTB da fachada do Pazo de María Pita.
En 2021 a resposta que se nos comunicou é que deficiencias estruturais da fachada –en concreto, da balaustrada- aconsellaban que non se despregase sobre ela ningún símbolo. Mais, sinala Avia Veira na exposición de motivos desta iniciativa, “no Nadal houbo colocados na fachada diferentes adornos que non parecen que supuxesen un problema para a súa estrutura”.
Se houber problemas coa balaustrada, o lóxico tería sido procurar alternativas, como pendurar unha bandeira máis pequena ou varios símbolos desde as fiestras que dan á Praza de María Pita.
Mais o asunto non acaba nos aspectos simbólicos da celebración: o Goberno Local tampouco impulsou “actividade propia arredor da conmemoración do 28 de xuño, máis aló do apoio ao Atlantic Pride, e nin sequera sacou adiante unha campaña de concienciación e sensibilización propia arredor da data”, censura Avia Veira.
Se houber problemas coa balaustrada, o lóxico tería sido procurar alternativas, como pendurar unha bandeira máis pequena ou varios símbolos desde as fiestras que dan á Praza de María Pita.
“Máis unha vez”, lamenta a edil nacionalista, “o Goberno Local sitúase por detrás dunha sociedade que reivindica con orgullo o dereito de amar libremente”.
Desde o BNG “non comprendemos a negativa a pendurar a bandeira do orgullo”, nun momento, alén do máis, “de negacionismo e odio por parte de certo espectro político”, conclúe.