Novas
20221021_123049

A favor da Coruña como sede da AESIA, con críticas á Xunta por non propiciar unha candidatura galega única

O grupo municipal do BNG emitiu un voto positivo no Pleno extraordinario realizado esta mañá no Concello para apoiar a candidatura da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial (AESIA). Ao mesmo  tempo, durante a sesión plenaria, o portavoz nacionalista en María Pita, Francisco Jorquera, criticou a Xunta por non ter traballado á hora de lograr unha candidatura galega única.
Ler novas
deschamps

Pór unha rampla entre Manuel Deschamps e o Camiño do Piñeiral: non é tan difícil

É unha demanda da veciñanza dos barrios da Agra e do Peruleiro e ten todo o sentido do mundo, pois as escaleiras que comunican a Rúa Manuel Deschamps co Camiño do Piñeiral non permiten a plena accesibilidade. A solución é substituílas por unha rampla. E iso é o que lle pide o BNG ao Goberno Local através dun rogo escrito que leva a sinatura da nosa concelleira Avia Veira.
Ler novas
Vídeo
O BNG interésase pola situación irregular dos aparcadoiros municipais

O BNG interésase pola situación irregular dos aparcadoiros municipais

Na quenda de preguntas orais do Pleno de Outubro, a concelleira do BNG Avia Veira interesouse tamén pola situación irregular en que se achan varios aparcadoiros de titularidade municipal. A ese respecto, o portavoz do Goberno Local admitiu que cómpre “pór orde nas concesións” e anunciou que antes de rematar o ano se aprobaría unha instrución para regular todas as concesións municipais, non só a dos aparcadoiros.

A xuízo de Lage, non tería sentido enfrontar a regulación por separado dos aparcadoiros municipais e aprazou esta até o momento en que se aborde a situación do conxunto das concesións municipais. “Hai que planificar e ordenar os distintos usos dos espazos municipais, que teñen distintas formas de xestión (indirecta e directa)”, defendeu.

Por súa parte, Veira denuncia que “temos sete aparcadoiros municipais en situación irregular, ou ben incumprindo as súas obrigas ou ven nun limbo legal”, polo que o BNG avoga por “unha boa política de aparcadoiros que, desde a xestión pública, se faga unica e exclusivamente en interese da cidade, con rebaixa de prezos, garantías para a accesibilidade e oferta de servizos útiles como a recollida de voluminosos ou o deseño de espazos específicos para bicicletas”.

Ler novas
Vídeo
Jorquera denuncia que o Instituto Cornide está orfo de dirección

Jorquera denuncia que o Instituto Cornide está orfo de dirección

O Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses está “nun proceso de reestruturación para o adaptar aos tempos actuais” e para o dotar de “máis medios e recursos”, dixo o portavoz do Goberno Local, José Manuel Lage, ao ser interpelado ao respecto, no Pleno do Concello, polo voceiro do grupo municipal do BNG, Francisco Jorquera.

O que non explicou o portavoz do Executivo coruñés é por que o Instituto José Cornide está sen dirección desde agosto de 2020 –momento en que presenta a demisión o seu anterior director-, ten a súa web inoperativa e dispón só dunha persoa funcionaria, de modo que cando está de baixa ou pide permiso “o instituto ten que permanecer fechado para o público, o que tamén significa que non está accesíbel para as persoas investigadoras”, denunciou Jorquera.

Ler novas