Novas
Vídeo
Jorquera, sobre as sucesivas crises do Goberno Local

Jorquera, sobre as sucesivas crises do Goberno Local

Preguntámoslle a Inés Rey polas sucesivas crises do seu goberno e respondeunos non ela, senón José Manuel Lage e fíxoo de forma evasiva: Francisco Jorquera inquiria polos episodios críticos vividos en María Pita e Lage quixo desviar a atención con datos das últimas licitacións.
Ler novas
Alu Ibérica

O BNG non dá por perdida Alu Ibérica e presenta varias iniciativas no Parlamento galego

O BNG non se resigna a dar por perdida Alu Ibérica –a súa desaparición agravaría aínda máis o preocupante proceso de desindustrialización que sofre a nosa cidade e comarca- e por iso a deputada nacionalista no Parlamento galego Mercedes Queixas presenta na cámara unha proposición non de lei visando que a Xunta promova un plan industrial para a factoría coruñesa que garanta a continuidade da súa actividade e, consecuentemente, o mantemento dos seus 300 postos de traballo.
Ler novas
FJ

Jorquera pregunta polas 7 crises de goberno, Lage contesta cos datos de licitación do Concello

A permanente inestabilidade do Goberno Local no que vai de mandato –con cesamentos como o da concelleira de Emprego, a renuncia do concelleiro de Urbanismo, a retirada de competencias do de Cultura e a renuncia do seu director de área, a marcha do coordenador xeral do Concello e a recente sentenza que anula o nomeamento da concelleira de Deportes- foi o argumento dunha das tres preguntas orais do BNG ao Executivo coruñés no Pleno deste 5M.
Ler novas
taxi

As axudas do bono taxi descenden un 45% per cápita

En 2021 houbo na cidade 133 beneficiarias do bono taxi para persoas con mobilidade reducida. En 2022 o número aumentou até as 244 persoas. Mais o diñeiro destinado polo Concello non incrementou na mesma proporción. Mantívose idéntica partida, 155.000 euros. Por tanto, a axuda per cápita descendeu moi significativamente: pasou de 1.165 euros a 635, un descenso do 45%.
Ler novas
Vídeo
Cando vai estar operativo o Complexo Deportivo do Castrillón?

Cando vai estar operativo o Complexo Deportivo do Castrillón?

Primeiro a alcaldesa anunciou a apertura para abril de 2021, logo o voceiro do Goberno local para o primeiro semestre de 2022...e aquí estamos, co Complexo Deportivo do Castrillón fechado e sen dotación orzamentaria abonda. O asunto vaino volver levar a Pleno Francisco Jorquera.
Ler novas