AÍNDA NON FOI CONSTITUÍDA POLO GOBERNO LOCAL PESE AO MANDATO DO PLENO
Avia Veira representará o BNG na Comisión Especial para a Axenda Urbana 2030
A concelleira Avia Veira será a representante do BNG na Comisión Especial para a Axenda Urbana 2030 que, en función dun acordo plenario de 3 de decembro de 2020 e a aprobación dunha moción no Pleno do 13 de outubro pasado, se ten que constituír no Concello.
25 out. 2022 - 13:12
Segundo a moción –iniciativa conxunta de BNG, Marea e Podemos-, a Comisión Especial para a Axenda Urbana 2030 tería de se constituír no prazo máximo dun mes a partir do día de celebración desa sesión plenaria.
A Comisión aínda non foi constituída, o BNG agarda desde logo que se forme –pois hai un mandato expreso do Pleno en tal dirección- e nese sentido hoxe comunicou o nome da persoa que representará o grupo municipal nacionalista nese órgano.