INICIATIVAS DE MERCEDES QUEIXAS

A fundación que xestiona a Casa Escariz leva anos sen lle presentar as súas contas á Xunta

Casa Escariz
A medio dunha batería de preguntas ao Goberno Galego, a deputada do BNG Mercedes Queixas denuncia que a Fundación Manuel Piñeiro Pose, a entidade que xestiona as rendas da Casa Escariz, leva varios anos sen lle presentar as súas contas á Xunta de Galiza, en claro incumprimento das obrigas que marca a Lei de Fundacións de Interese Galego.
A fundación que xestiona a Casa Escariz leva anos sen lle presentar as súas contas á Xunta

A parlamentar nacionalista quer saber se a Xunta reclamou estas contas, se activou algún mecanismo sancionador ou mesmo se interesou da autoridade xudicial a intervención temporal da Fundación Manuel Piñeiro Pose ante o flagrante incumprimento da lexislación autonómica.

Na exposición de motivos destas iniciativas, Queixas salienta que, de acordo cos datos do Rexistro Mercantil, a Fundación Legado Manuel Piñeiro Pose contaba en 2019 cun patrimonio de 39 millóns de euros, un 7% máis que no exercicio anterior, e 918.000 euros de beneficio, cun incremento do 3&.

Pois ben, esta entidade leva “como mínimo” catro anos sen presentar as súas contas á Xunta de Galiza, pese a que vén obrigada a facelo en virtude da Lei 12/2006 de fundacións de interese galego.

A Fundación Legado Manuel Piñeiro Pose, cuxo patrimonio está por volta dos 39 millóns de euros, leva desde 1985 sen ingresar no Concello o diñeiro procedente das rendas da Casa Escariz 

A medio dunha batería de preguntas ao Goberno Galego, a deputada do BNG Mercedes Queixas denuncia que a Fundación Manuel Piñeiro Pose, a entidade que xestiona as rendas da Casa Escariz, leva varios anos sen lle presentar as súas contas á Xunta de Galiza, en claro incumprimento das obrigas que marca a Lei de Fundacións de Interese Galego.

“Unha infracción reiterada da que se descoñece, cando menos publicamente, se a Xunta actuou conforme ao ditado na mencionada lexislación, onde se regulan as consecuencias derivadas do incumprimento desta norma: non percibir axudas nin subvencións públicas ou mesmo solicitar ao goberno da autoridade xudicial que ordene a intervención temporal da fundación”, afirma Queixas.

A parlamentar lembra que “a vontade de Manuel Piñeiro Pose era que a Casa Escariz acabase sendo patrimonio do Concello da Coruña” e remarca que a Administración local deixou de percibir as rendas procedentes deste emblemático inmóbel desde 1985, coa desaparición do antigo Hospital Municipal.

Pregúntalle Queixas á Xunta se non lle parece evidente que os testamentarios de Piñeiro Pose –o abade da Colexiata de Santa María, os párrocos de San Nicolás e Santa Lucía- non están a respectar a vontade do testador ao pór atrancos á incorporación da Casa Escariz ao patrimonio do Concello da Coruña.

A fundación que xestiona a Casa Escariz leva anos sen lle presentar as súas contas á Xunta