Novas
Pontón anuncia na Coruña que o BNG levará a deslocalización de Teleperformance ao Concello, Parlamento galego e Congreso
Ana Pontón estivo esta mañá na Coruña para mostrar o apoio do BNG á causa do persoal de Teleperformance, ameazado cunha deslocalización a Colombia que acabaría con 100 empregos e lesionaría o dereito da veciñanza a ser atendida en galego as 24 horas. A portavoz nacional reuniuse nun hotel da cidade co comité de empresa de Teleperformance e estivo acompañada pola deputada Mercedes Queixas, o noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera, e a nosa concelleira Avia Veira.