O Goberno da Marea Atlántica pensa só na Compañía de Tranvías para a xestión dos buses na Coruña
É incomprensíbel que o Goberno municipal só baralle dúas opcións, ambas en beneficio da Compañía de Tranvías, a respecto do transporte urbano colectivo
Demandamos ao Executivo da Marea Atlántica que aplique de xeito inmediato a recomendación da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia e notifique á Comisión Europea a situación para que avalíe a posíbel existencia de axudas do Estado incompatíbeis coa legalidade europea
O debate principal non se debe dar a respecto do prezo do bus se non na concesión en si, por ter sido lesiva ás arcas do Concello, e permitir o beneficio privado da Compañía de Tranvías garantindo sempre superávit a conta dos orzamentos municipais, e lamentamos que en ningún momento o Executivo da Marea Atlántica teña formulado como posibilidade a xestión pública municipal
Parécenos lamentábel que a volta xa dun ano e medio desde que se tomou a decisión de dar por rematada a concesión en virtude de aplicar o Regulamento (CE) 1370/2007 o executivo da Marea Atlántica sega ancorado nas mesmas alternativas que as formuladas na Xunta de Goberno onde se tomou a decisión o que amosa que non ten plan de seu para o transporte urbano colectivo para a cidade