MOBILIDADE
Parece que por fin se ve a luz ao final do “viaduto”
Felicitamos ao tecido asociativo e á veciñanza da Agra do Orzán pola aparente decisión do Goberno municipal de lle buscar unha alternativa ao viaduto da Rolda de Nelle
Mais lembramos que esta era unha das actuacións propostas, e que calculabamos en 50.000 euros, que foi excluída nas nosas emendas aos orzamentos municipais de 2018
A solicitude veciñal de dar unha alternativa a esta ponte remóntase a principios da década pasada e é unha demanda histórica da Asociación Veciñal da Agra do Orzán, que mesmo nós temos incorporado como unha iniciativa urbanística prioritaria nos nosos programas electorais de 2011 e 2015. Aledámonos de que por fin o Goberno da Marea Atlántica lle dea prioridade nas súas actuacións mais preguntámonos por que non se asumiu cando lla propuxemos a principio de ano e se estará realizada antes de fin de mandato
Queremos felicitar ao tecido asociativo e á veciñanza da Agra do Orzán pola aparente decisión do Goberno municipal de lle buscar unha alternativa ao viaduto da Rolda de Nelle.
E é que lembramos que a polémica sobre a pervivencia deste paso en altura entre os barrios da Agra e o Paseo das Pontes ven de lonxe, xa que logo se trata dunha demanda histórica que xa foi formulada pola Asociación Veciñal da Agra do Orzán a principios da década pasada, e que deu lugar a múltiples reunións entre a propia entidade, representantes das comunidades veciñais da zona afectada e representantes municipais nos últimos tres mandatos.
Do mesmo xeito, tamén recordamos que esta era unha das actuacións propostas, e que calculabamos en 50.000 euros, que foi excluída nas súas emendas aos orzamentos municipais de 2018, e agardamos que o proxecto que finalmente se leve a cabo sexa realizado de xeito inmediato e que non se quede noutro anuncio do Goberno municipal que non teña continuidade na actuación.
A solicitude veciñal de lle dar unha alternativa a esta ponte remóntase a principios da década pasada e é unha demanda histórica da Asociación Veciñal da Agra do Orzán, que mesmo nós temos incorporado como unha iniciativa urbanística prioritaria nos nosos programas electorais de 2011 e 2015. Aledámonos de que por fin o Goberno da Marea Atlántica lle dea prioridade nas súas actuacións mais preguntámonos por que non se asumiu cando lla propuxemos a principio deste ano e se estará realizada antes de fin de mandato.
A Coruña, 11 de maio de 2018.
Artigos relacionados: