O 95% das actuacións nos barrios anunciadas polo Goberno municipal para 2016 non foron completadas
Presentamos esta mañá un informe de seguimento sobre as 57 actuacións anunciadas dentro do Plano de Intervención Urbana para 2016 das cales só 3 foron realizadas integramente
As actuacións anunciadas desde a concellaría de Rexeneración Urbana e Dereito á vivenda atendían as áreas, entre outras, de mellora de vías e espazos públicos, mobilidade, accesibilidade, iluminación, saneamento ou rehabilitación, obras necesarias e urxentes, que chegaron a cualificarse como «demandas históricas dos barrios»; preguntámonos porque non se realizaron cando se anunciou a bombo y platillo que ían a ser licitadas e executadas antes de 2017
Consideramos inadmisíbel que o Goberno da Marea, que se laia constantemente dos bloqueos que sufre da oposición, non executara nin tan sequera as actuacións que o propio Executivo avanzou que realizaría ao longo de 2016, e xa co orzamento aprobado, e cuestionamos a capacidade dos responsábeis da concellaría, mais preocupados pola propaganda que polas actuacións reais nos barrios, que volven a estar abandonados durante este mandato