MOBILIDADE

Reclamamos a xestión pública do servizo de transporte urbano

Un dos autobuses da Compañía de Tranvías
Un dos autobuses da Compañía de Tranvías

Criticamos que o Goberno local só contemple a posibilidade de que, a dous anos, a xestión do servizo de transporte urbano sexa adxudicada de novo a unha empresa privada desbotando de vez a súa xestión pública

Preguntámonos a que vén que o propio Goberno, toda vez que decide aplicar o Regulamento (CE) 1370/2007 e que conclúe que a extinción da concesión a data de 1 de decembro de 2016 non tería consecuencias xurídicas nin económicas para o Concello, atenda a petición da Compañía de Tranvías e consulte á Comisión Europea sobre a posibilidade de estender a duración do contrato até decembro do 2024 (data na que inicialmente remataría a concesión)

Queremos salientar que o Goberno municipal, nin coa extinción da concesión a data de 1 de decembro de 2016, prorrogada até 2018, nin en caso de entender a Comisión Europea que a duración do contrato deba estenderse até 2024, non está a garantir melloras cualitativas no servizo, horarios, frecuencias, prezos, liñas etc, que hoxe en día se lle ofrece á cidadanía, ou a mudanza das condicións leoninas da concesión, cuestión que en numerosas ocasións ten denunciado o BNG

Reclamamos a xestión pública do servizo de transporte urbano

Diante da proposta do Goberno da Marea Atlántica de extinguir a concesión do servizo de transporte urbano, criticamos que o Goberno local só contemple a posibilidade de que, a dous anos, a xestión do servizo de transporte urbano sexa adxudicada de novo a unha empresa privada desbotando de vez a súa xestión pública, tal e como se desprende do propio informe proposta que, na segunda das consideracións xurídicas, di: “O artigo 5.5 do Regulamento estabelece varios mecanismo que permitirán garantir a prestación do servizo de transporte urbano durante o período transitorio desde a data de extinción legal da concesión e a adxudicación do novo contrato.”

E é que entendemos que o Regulamento (CE) 1370/2016 dálle a posibilidade ao propio Concello da Coruña de xestionar de xeito directo o servizo público de transporte de viaxeiros. Segundo o que se sinala no artigo 5.1, que indica “agás que o prohiba o Dereito nacional, calquera autoridade local competente (independentemente de que sexa unha autoridade individual ou unha agrupación de autoridades que presten servizos públicos integrados de transporte de viaxeiros) poderá optar por prestar ela mesma servizos públicos de transporte de viaxeiros ou por adxudicar directamente contratos de servizo  público a unha entidade xuridicamente independente sobre a que a autoridade local competente (ou no caso dunha agrupación de autoridades, cando menos unha autoridade local competente) exerce un control análogo ao que exerce sobre o seus propios servizos”.

Bus facendo o percorrido dunha das liñas pola cidadeDesde o Bloque preguntámonos a que vén que o propio Goberno, toda vez que decide aplicar o Regulamento (CE) 1370/2007 e que conclúe que a extinción da concesión a data de 1 de decembro de 2016 non tería consecuencias xurídicas nin económicas para o Concello como se recolle nunha das notas interiores da Asesoría Xurídica, no canto de facer valer o seu propio criterio atenda á petición da Compañía de Tranvías e consulte á Comisión Europea sobre a posibilidade de estender a duración do contrato até decembro do 2024 (data na que inicialmente remataría a concesión).

Por último, salientamos que o Goberno municipal, nin coa extinción da concesión a data de 1 de decembro de 2016, prorrogada até 2018, nin en caso de entender a Comisión Europea que a duración do contrato deba estenderse até 2024, non está a garantir melloras cualitativas no servizo, horarios, frecuencias, prezos, liñas etc, que hoxe en día se lle ofrece á cidadanía, ou a mudanza das condicións leoninas da concesión, cuestión que en numerosas ocasións temos denunciado.

Reclamamos a xestión pública do servizo de transporte urbano