MOBILIDADE
Que interese pode ter o Goberno municipal para dar prioridade aos beneficios da Compañía de Tranvías?
Preguntámonos que interese pode ter o Goberno municipal para dar prioridade aos beneficios da Compañía de Tranvías e ao cidadán Prada por riba das necesidades da veciñanza da cidade
No Pleno celebrado o luns 12 de decembro quedou claro que o Goberno municipal antepuxo os intereses dunha empresa concesionaria, que presta desde hai moitos anos un servizo caro e ineficaz, aos intereses do pobo da Coruña. Preguntámonos como é posíbel que quen está constantemente falando da defensa do 99%, e quen ten a capacidade de poder recuperar para a xestión pública un servizo fulcral como o do transporte publico urbano prorrogue durante canto menos dous anos máis un Convenio feito á medida e que dá cuantiosos beneficios a unha empresa privada”
Insistimos en defender que a extinción da Concesión coa Compañía de Tranvías abriría a posibilidade de mudar a mobilidade na cidade dun xeito transformador recuperando para a veciñanza un dos servizos que máis queixas ten recibido durante os últimos anos
Despois do Pleno celebrado este luns 12 de decembro, seguimos a preguntármonos que interese pode ter o Goberno municipal para dar prioridade aos beneficios da Compañía de Tranvías e ao cidadán Prada por riba das necesidades da veciñanza da Coruña.
E é que despois de que propuxeramos (preme aquí para ver a iniciativa) na sesión de onte que o Pleno tomara o acordo de posicionarse en contra da resolución da Xunta de Goberno polo que se dá unha prórroga de dous anos ao Convenio asinado á Compañía de Tranvías e o Concello da Coruña para seguir a prestar o servizo de transporte urbano, seguen a amosar a súa decepción e sorpresa polo voto en contra do Goberno municipal.
Entedemos que a prórroga non é necesaria e só supón o aval do Concello para que a Compañía de Tranvías siga prestando durante dous anos máis o servizo dun xeito totalmente caro, para a xente e para as arcas municipais, e ineficaz.
Entendemos que non era necesaria a prórroga de dous anos xa que en multitude de ocasións teñen rematado as concesións dos servizos e, cando non hai aínda ningún novo modelo de xestión, as concesionarias seguen prestando os servizos. E aínda que non é desexábel pagar facturas fóra de contrato si é posíbel. Sería responsabilidade do Goberno decidir coa máxima celeridade o novo modelo de xestión do Servizo de Transporte Colectivo de Viaxeiros para pagarlle á Compañía de Tranvías as menos facturas posíbeis fóra de contrato.
Para nos, o Executivo local actuou cunha falta total de valentía votando en contra de dar efectivamente por extinguida a concesión e votando en contra de comezar desde xa a realizar os estudos necesarios para a prestación directa cunha xestión pública e municipal do Servizo de Transporte Colectivo de Viaxeiros.
Amais, quedou claro que o Goberno municipal antepuxo os intereses dunha empresa concesionaria, que presta desde hai moitos anos un servizo contrastadamente deficiente, aos intereses do pobo da Coruña. Preguntámonos como é posíbel que quen está constantemente falando da defensa do 99% quen ten a capacidade de poder recuperar para a xestión pública un servizo fulcral como o do transporte publico urbano tome a decisión de prorrogar durante canto menos dous anos máis un Convenio feito á medida e que dá cuantiosos beneficios a unha empresa privada”.
Así, insistimos en defender que a extinción da Concesión coa Compañía de Tranvías abriría a posibilidade de mudar a mobilidade na cidade dun xeito transformador recuperando para a veciñanza un dos servizos que máis queixas ten recibido durante os últimos anos.
A proposta que rexeitou o Goberno municipal instaba a que realizara os estudos e informes necesarios para a xestión pública municipal do servizo de transporte colectivo de viaxeiros, atendendo ao perfil de persoa usuaria do autobús no canto de ir beneficiar a unha empresa privada, fortemente feminizado e precarizado, e que supoña que o pagamento do billete sirva para implementar medios de transporte alternativo para non limitar o servizo ao de autobús, mellorar as infraestruturas, paradas, marquesiñas, autobuses, etc., mellorar as rutas, frecuencias e horarios, que permitan que as coruñesas e os coruñeses non precisen empregar o coche para ir traballar ou para facer a súa vida diaria e para implementar bonificacións que fagan máis accesíbel economicamente e compensen a utilización do transporte colectivo fronte ao privado. En definitiva, propoñiamos recuperar para o pobo un servizo que é básico.
A Coruña, 13 de decembro de 2016
Novas relacionadas: