O Grupo Municipal pregunta pola mobilidade nos Pelamios
A Coruña, 22 de outubro de 2015.- O Grupo Municipal do BNG vén de rexistrar varias preguntas para a súa resposta escrita co obxecto de coñecer se o Goberno municipal ten pensado realizar algunha actuación respecto á mobilidade e o aparcamento na contorna dos Pelamios.
O Grupo Municipal do BNG rexistra varias preguntas para a súa resposta escrita sobre a mobilidade e o aparcamento na contorna dos Pelamios
O Bloque sinala que Goberno municipal anterior non efectuou ningún tipo de medida para resolver os problemas de aparcamento e mobilidade orixinados na contorna dos Pelamios, nomeadamente fronte á Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso, rúas Pelamios, Javier Fonte, San Pablo, San Ignacio e Orillamar, onde conflúe a necesidade de aparcamento da veciñanza co desprazamento en vehículo privado dun amplo número de alumnado, profesorado e outro persoal laboral da escola.
Inquírelle ao Goberno municipal que tipo de medidas pensa levar a cabo sobre esta situación
É por iso, e ante unha situación que xa se prolonga durante moitos anos, o BNG quere saber se o Goberno da Marea Atlántica previsto o goberno municipal actual realizar algunha medida nesta zona dos Pelamios encamiñada a resolver o problema da mobilidade e do aparcamento e en que consistirían ditas medidas.