Francisco Jorquera
Novas
Conferencia de prensa propostas BNG para os orzamentos do Concello 2024. Francisco Jorquera.

Jorquera leva ao Pleno a investigación pendente das eventuais responsabilidades das concesionarias no caso STL

O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, vaille lembrar ao Goberno Local -a medio dunha pregunta oral no Pleno do vindeiro xoves- o seu compromiso de abrir “un proceso de investigación para determinar se as concesionarias dos servizos de limpeza e recollida de lixo” se inhibiron das súas responsabilidades sobre a política de contratación e eventualmente as delegaron no STL.
Ler novas
Novas
Grupo municipal BNG Pleno aprobación definitiva dos orzamentos do Concello para 2024.

O Pleno aproba definitivamente os orzamentos do Concello para 2024, cunha addenda final con melloras significativas para a cultura

Este xoves 28D, o Pleno deu luz verde á aprobación definitiva dos orzamentos do Concello para 2024, negociados polo BNG co Goberno Local. Deste xeito, dáse cumprimento a un aspecto central do Acordo de Investidura, pois as novas contas entrarán en vigor en apenas uns días, o 1 de xaneiro, unha circunstancia que non acontecía desde 2015.
Ler novas
Novas
Complexo Deportivo do Castrillón.

Jorquera insta o Goberno Local a que actúe no Centro Deportivo do Castrillón: mal servizo e represalias ao persoal

A firma que foi contratada pola Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades (EMVSA) para xestionar o Centro Deportivo do Castrillón está a prestar o seu servizo de forma moi deficiente e, alén diso, está a lesionar os dereitos fundamentais do seu cadro de persoal ao adoptar represalias contra traballadoras e traballadores por teren denunciado o mal funcionamento do complexo.
Ler novas