JORQUERA INQUIRE O GOBERNO LOCAL SOBRE A TALLA DE EXEMPLARES EN CIDADE XARDÍN

Temos 25 mil árbores, a metade do que nos correspondería como cidade

Árbores en Cidade Xardín 2
Árbores en Cidade Xardín
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, rexistrou un feixe de preguntas por escrito após a alcaldesa anunciar que o Concello planea a talla de árbores na Cidade Xardín, singularmente aquelas máis próximas aos hospitais HM Modelo e HM Belén.
Temos 25 mil árbores, a metade do que nos correspondería como cidade

A razón que aduce o Goberno Local é que o crecemento das raíces provoca o levantamento do pavimento nas beirarrúas e se constitúe nun atranco para o tránsito peonil.

Jorquera quere saber cantos exemplares se tallarían, se estudou o Goberno Local outras alternativas como a reforma ou ampliación dos alcorques ou se considerou tamén a posibilidade de retirar os exemplares para os plantar noutros emprazamentos da cidade.

Para o BNG, e coa vista posta no futuro, sería ben “mudar progresivamente a configuración das rúas, creando medianas arboradas, no canto de plantar árbores nas beirarrúas”.

Jorquera salienta que as árbores non só proporcionan sombra e embelecen a urbe, senón que tamén xogan un rol esencial no combate contra as alteracións climáticas, “pois actúan como sumidoiros de carbono e nas épocas de calor contribúen para moderar a temperatura, atemperando as chamadas ‘illas de calor’ provocadas polo asfalto, os edificios e as emisións dos vehículos”.

As estimacións sitúan en 25 mil o número de árbores na nosa cidade, moi por baixo dos 40 ou 50 mil que as persoas expertas consideran óptimo para unha urbe de 250 mil habitantes

 

 

 

Temos 25 mil árbores, a metade do que nos correspondería como cidade