UNHA INICIATIVA DE FRANCISCO JORQUERA

Rúa Asturias, nos Mallos: edificios en estado de semiruína, soares abandonados

Estada apuntalando edificio abandonado na Rúa Asturias
Edificio do número 21, apuntalado cunha estdada
O portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, rexistrou un rogo oral -para a súa lectura no Pleno do vindeiro 13M- dando conta da existencia de dous edificios en estado de semiruína e de soares abandonados na Rúa Asturias.
Rúa Asturias, nos Mallos: edificios en estado de semiruína, soares abandonados

Jorquera pídelle ao Goberno Local que inste as persoas propietarias a que cumpran coas súas obrigas de manter os inmóbeis nun estado adecuado de mantemento e limpeza.

Un deses edificios, o situado no número 21 da rúa Asturias, ten -desde hai máis de oito anos- parte da súa fachada apuntalada por unha estada que dificulta o tránsito dos peóns pola beirarrúa. De resto, no edificio do número 20 da mesma rúa -que se atopa nun evidente mal estado- e nun dos soares, o do número 16. instaláronse varias persoas.

Mariana 2
Inmóbel abandonado

O Goberno Local ten que resolver a situación para despexar a beirarrúa do número 21 da rúa Asturias e, se for necesario, procurar unha solución habitacional para as persoas ocupantes do inmóbel do número 20 e do soar do número 16.

Cómpre que se tomen medidas por parte do Goberno Local para, entre outras cousas, evitar riscos en forma de desprendementos para as persoas que transitan pola rúa.

Todo isto nun contexto en que, sinala Jorquera, “algunhas zonas do barrio dos Mallos están a sufrir desde hai anos un preocupante proceso de degradación” que esixe do Executivo coruñés unha resposta o máis urxente posíbel.

 

 

 

Rúa Asturias, nos Mallos: edificios en estado de semiruína, soares abandonados