Solicitamos os informes da Asesoría xurídica e da Intervención sobre o acordo extraxudicial de Nostián

Jorquera na Comisión de Transparencia. 6 de marzo de 2025. Acordo extraxudicial coa concesionaria de Nostián.
Jorquera, durante a sesión da Comisión de Transparencia
Desde o momento en que se coñeceu (Xunta de Goberno Local do pasado 24 de febreiro) o acordo extraxudicial do Concello coa concesionaria da planta de tratamento de residuos de Nostián, o portavoz do BNG, Francisco Jorquera, demandou transparencia do Goberno Local sobre o asunto.
Solicitamos os informes da Asesoría xurídica e da Intervención sobre o acordo extraxudicial de Nostián

É por iso que Jorquera -que esta mañá participou na Comisión de Transparencia- rexistrou o pasado 3 de marzo a petición de documentación relativa a esta cuestión, en concreto os informes da asesoría xurídica e da intervención xeral do Concello.

“Demandamos transparencia, que se nos explique que informes xurídicos e de índole económico avalan ese acordo extraxudicial. Son necesarios para formarmos unha opinión fundada sobre o asunto”, afirma Jorquera.

 

 

Solicitamos os informes da Asesoría xurídica e da Intervención sobre o acordo extraxudicial de Nostián