Avia Veira
Novas
Casa Museo Casares Quiroga

A nova concesión das Casas Museos debería contemplar a contratación estábel de perceptoras da RISGA

A concelleira do BNG Avia Veira formúlalle un rogo oral ao Executivo coruñés, para ser defendido no Pleno do vindeiro mes de marzo, co obxectivo de que na próxima concesión dos servizos complementarios das Casas Museos se contemple a contratación estábel de persoas perceptoras da Risga que xa traballasen nelas a través de subvencións da Xunta e que, por tanto, “xa teñen demostrado a súa capacidade”.
Ler novas
Novas
Avia Veira e Jorquera con Martín Fernández Prado

O BNG saúda a disposición ao diálogo do presidente da Autoridade Portuaria e demándalle que mude o modelo de xestión

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, saudou este martes a “disposición ao diálogo e ao consenso” do novo presidente da Autoridade Portuaria, Martín Fernández Prado, ao que á vez lle demandou que mude o modelo de xestión do porto coruñés, demasiado dependente do monocultivo dos cruceiros, na dirección de diversificar tráficos e de fortalecer o seu carácter de motor económico e produtivo da cidade.
Ler novas