Novas
Solucións estábeis, non parches, para as traballadoras das bibliotecas municipais de xestión privada!
19/set./2022
A Comisión de Educación e Cultura do Concello da Coruña reuniuse esta mañá para, entre outros asuntos, analizar a situación en que se atopan as bibliotecas municipais de xestión privada, despois de no pasado mes de xuño o cadro de persoal se ver obrigado a se mobilizar para reivindicar o pagamento dos seus salarios.