UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA

Para cando as vivendas de promoción municipal en Xuxán?

Vivendas
As vivendas proxectadas para Xuxán (Foto: Concello).
A concelleira do BNG Avia Veira dirixiu unha pregunta por escrito ao Goberno Local para saber se o Instituto Galego de Vivenda e Solo outorgou xa ao Concello a cualificación de vivendas de promoción pública para o proxecto de edificación de 50 moradas de protección oficial na parcela Z-37 do Parque Ofimático.
Para cando as vivendas de promoción municipal en Xuxán?

 

No orzamento do Concello deste ano figura unha partida de 2.749.538,7 euros para a execución desta obra, mais a actuación aínda non foi licitada. No perfil do contratante da Coruña, alega Veira, “só aparece un contrato adxudicado en 2020 para a redacción do proxecto e a dirección de obras”, de aí que a concelleira inquira o Goberno Local por que non licitou as obras e cando ten pensado facelo.

O 2 de febreiro de 2022, a Xunta de Goberno Local acordou solicitarlle ao IGVS a cualificación provisional como Vivendas de Promoción Pública desas 50 moradas e agora a nosa concelleira quere saber se o Concello obtivo resposta da Administración autonómica. Para ter toda a información ao respecto, Veira pregúntalle ao Executivo coruñés cando lle enviou ao IGVS a solicitude acordada o 2 de febreiro de 2022.

Canto ao resto de trámites pendentes, Veira interpela o Goberno Local sobre canto tempo calcula que pode demorar en adxudicar as obras e cal vai ser o prazo de execución.

 

 

 

Para cando as vivendas de promoción municipal en Xuxán?