Novas
Rolda de Prensa BNG emendas locais e comarcais aos orzamentos do Estado para 2021. Francisco Jorquera, Tono Chouciño, Xurxo Couto, Néstor Rego, Avia Veira e Daniel Carballada. 

Emendas aos orzamentos do Estado para os incrementar en 304 millóns na cidade e comarca

As emendas parciais que o BNG apresenta aos orzamentos xerais do Estado contemplan un incremento global dos investimentos na cidade e na comarca da Coruña por un valor de 304 millóns de euros, informaron esta mañá en conferencia de imprensa Néstor Rego, Francisco Jorquera e Avia Veira–voceiros do BNG no Congreso e en María Pita e concelleira nacionalista, respectivamente. Ao acto informativo asistiron os portavoces dos grupos municipais do BNG en Culleredo, Tono Chouciño; Cambre, Daniel Carballada; e Arteixo, Xurxo Couto.
Ler novas
Vídeo
Sobre o agravamento da crise de goberno en María Pita

Sobre o agravamento da crise de goberno en María Pita

O portavoz nacionalista en María Pita, Francisco Jorquera, ve "bochornoso" que "nun contexto de sufrimento social, unha concelleira acuse a compañeiros de non pagar as cotas ao partido e o Goberno Local replique que esa edil cobra 60 mil euros ao ano e practica o absentismo laboral".
Ler novas
Vídeo
Jorquera, no Pleno sobre o Consorcio do Porto

Jorquera, no Pleno sobre o Consorcio do Porto

No Pleno do xoves 5N, o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, chamou a alcaldesa a que pase da retórica aos feitos e negocie con Xunta e Estado a constitución do Consorcio, elemento clave para a condonación da débeda que pesa sobre o porto da Coruña.

Ler novas