Novas
Comisión Seguimento BNG-PSOE. Primeira reunión 1 de Outubro de 2019.

O Consello Económico e Social tense que impulsar xa

A pandemia puxo aínda máis en evidencia os problemas fundamentais da economía coruñesa –desindustrialización, aposta por facer da Coruña unha cidade exclusivamente de servizos, perda da condición de capital financeira da Galiza, esmorecemento do porto como motor produtivo-, polo que se torna máis urxente que nunca reaccionar desde o Concello.
Ler novas
RAG

Unha moción para a Casa Museo Emilia Pardo Bazán e a RAG ficaren na cidade

Que a Corporación exprese o seu desexo de que a Real Academia Galega e a Casa Museo Emilia Pardo Bazán permanezan na cidade. Ese é un dos propósitos que anima a moción que a concelleira do BNG Avia Veira vai defender no Pleno do vindeiro xoves 3 de decembro. A iniciativa persegue tamén instar a Xunta a que, unha vez restituída a titularidade pública do Pazo de Meirás, reclame a súa cesión ao Estado para o converter nun Centro para a Memoria Democrática da Galiza, sen desbotar por iso que cumpra tamén funcións de recordación da figura da autora de “Los Pazos de Ulla”.
Ler novas
20200302_114809

Cando pensa o Goberno Local levar a Pleno o Ordenanza do Galego?

En xuño de 2019, ao asinar o Acordo de Investidura co BNG, o PSdeG-PSOE comprometíase a aprobar, no primeiro ano de mandato, a Ordenanza do Galego, unha norma encamiñada a regular o uso do noso idioma por parte do Concello. Transcorrido ese primeiro ano de mandato, o compromiso do grupo que dá soporte ao Goberno Local continúa sen ser cumprido.
Ler novas
Vídeo
Orzamentos estatal e galego: que xestions fixo a alcaldesa?

Orzamentos estatal e galego: que xestions fixo a alcaldesa?

Que fixo a alcaldesa para q os orzamentos do Estado e galegos fosen mellores para A Coruña? Solicitou reunirse con Feixoo ou Sánchez? Onde está o fío directo, a capacidade de interlocución, que anunciou ao tomar posesión do seu cargo? Preguntas de Francisco Jorquera ao Goberno Local para o Pleno do vindeiro xoves 3 de decembro.

 

Ler novas