23/out./2020
O PP apreséntase como a solución á inestabilidade que caracteriza a situación política do Concello da Coruña, cando en realidade este partido “lonxe de ser a solución é boa parte do problema”. “O PP é sinónimo de inestabilidade. Vai xa pola terceira voceira no que vai de mandato. Primeiro Bea Mato, despois Roberto Rodríguez, agora volven ao pasado con Rosa Gallego. A este paso todas as concelleiras e concelleiros deste grupo van rotar ao fronte da portavocía. Din que son a única oposición cando en realidade funcionan como a delegación da Xunta no Concello da Coruña. Na práctica son axentes comerciais do señor Feixóo na nosa cidade”.