Novas
Parque de Eirís

Até que punto a concesionaria das zonas verdes cumpre coa obriga de contar con traballadoras con discapacidade?

Hai indicios serios de que a concesionaria do mantemento das zonas verdes do Concello non está a cumprir co compromiso que contraeu ao se facer coa adxudicación do servizo de subcontratar unha determinada porcentaxe do contrato (en concreto, 15%) cos Centros Especiais de Emprego (as empresas de economía social criadas para procuraren traballo a persoas con algún grao de discapacidade).
Ler novas
proposta para a recuperación das Rías

Mobilicemos máis de mil millóns de euros para recuperarmos as nosas rías

Inxectarmos máis de mil millóns de euros -1.096 para sermos exactos- para valorizar unha das xoias naturais, e produtivas, que ten este país. As Rías Galegas. Ese é o propósito que leva o BNG a formular unha Proposta para a Recuperación Produtiva das Rías Galegas. O documento apresentouno este mércores 20X a nosa portavoz nacional, Ana Pontón, nun acto informativo que tivo como cenario a Aula Náutica da UDC, a carón do Centro de Coordenación de Salvamento Marítimo.
Ler novas
Reunión Francisco Jorquera con integrantes do comité de empresa de Albada.

Levaremos a Pleno a demora na licitación do novo contrato de Nostián

O portavoz do BNG en María Pita e o secretario de Organización da formación nacionalista na Coruña –Francisco Jorquera e Fran Rei, respectivamente- mantiveron esta mañá un encontro con integrantes do comité de empresa de Albada, a concesionaria da planta de tratamento de residuos de Nostián. A reunión tivo lugar na sede comarcal do BNG, na rúa das Donas
Ler novas