Avaliación das novas restricións ditadas pola Xunta en relación á pandemia
Baixo o punto de vista do BNG da Coruña, a gravidade da situación require de medidas máis contundentes que as anunciadas hoxe polo presidente da Xunta, en liña do expresado pola nosa portavoz nacional.
Alén diso, o Goberno galego ten que se facer cargo das súas responsabilidades e habilitar un ambicioso paquete de axudas socioeconómicas, nomeadamente para os sectores máis afectados, a hostelaría e o pequeno comercio. Até o de agora, as achegas da Xunta están lamentabelmente a brillar pola súa ausencia.
No Concello pularemos por que o novo Presco estexa á altura das circunstancias.