Novas
Pontón RdP

"Onde está Feixoo? Por que non asume como propia a demanda da condonación da débeda do porto?"

Que o presidente da Xunta asuma como propia a causa da condonación da débeda do porto da Coruña. Que non acepte mansamente a discriminación que supón que o Goberno do Estado perdoase o débito da dársena de València e non o da Coruña. Iso veu dicir este xoves na Coruña a nosa portavoz nacional, Ana Pontón, unha comparecencia informativa canda o noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera.
Ler novas
Vídeo
Ibrahima e Magatte, fillos adoptivos

Ibrahima e Magatte, fillos adoptivos

Por iniciativa do BNG, o Pleno do Concello acordou este xoves outorgar o título de Fillos Adoptivos da Coruña a Ibrahima e Maggatte, os mozos que, pondo en risco as súas vidas, auxiliaron Samuel Luiz. Un orgullo para esta cidade telos entre nós!
Ler novas