O BNG proponlle ao resto de grupos unha moción conxunta sobre a situción que se vive nos Mallos
A xuízo do BNG, a presentación dunha iniciativa conxunta, que loxicamente sería aprobada por unanimidade, contribuiría a dar satisfacción ás demandas e inquedanzas da veciñanza dos Mallos.
Precisamente, a formación nacionalista mantivo na tarde deste xoves un encontro con distintos axentes sociais, económicos e veciñais dos Mallos, alén de realizar unha asemblea aberta co Grupo de Barrio do BNG.
Tratábase de pulsar a situación que se vive nos Mallos con vistas a procurar alternativas que dean solución aos problemas que máis lle preocupan á veciñanza. A moción iría precisamente nesa dirección.
Jorquera emprazou as voceiras dos outros grupos a falaren ao longo dos próximos días para acordar os termos concretos da iniciativa.