CONFERENCIA DE PRENSA DE ANA PONTÓN E FRANCISCO JORQUERA

"Onde está Feixoo? Por que non asume como propia a demanda da condonación da débeda do porto?"

Pontón RdP
Pontón RdP
Que o presidente da Xunta asuma como propia a causa da condonación da débeda do porto da Coruña. Que non acepte mansamente a discriminación que supón que o Goberno do Estado perdoase o débito da dársena de València e non o da Coruña. Iso veu dicir este xoves na Coruña a nosa portavoz nacional, Ana Pontón, unha comparecencia informativa canda o noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera.
"Onde está Feixoo? Por que non asume como propia a demanda da condonación da débeda do porto?"

"Non ten sentido pagar con fondos públicos o que xa son terreos públicos", dixo Ana Pontón en relación á oferta feita polo Goberno Local de se facer co 75% da propiedade dos peiraos de Batería e Calvo Sotelo pondo sobre a mesa 15 millóns de euros. "Son terreos gañados ao mar e teñen que ser devolvidos á cidade da Coruña de forma gratuíta", acrecentou durante o acto informativo ao que asistiron a nosa concelleira Avia Veira e a nosa parlamentar Mercedes Queixas.

Quer Pontón quer Jorquera denunciaron o pim pam pum entre a Xunta e o Concello, enleados nunha cuestión menor, a de quen pon máis diñeiro na urbanización dos peiraos do porto unha vez fiquen liberados. "A clave non está no tirapuxa entre as administracións sobre quen debe urbanizar os peiraos, senón en que a Xunta e o Concello fagan unha fronte común e pidan a condonación da débeda do porto".

grupo rdp

Para concluír, a portavoz nacional preguntouse "onde está Feixoo" e inquiriu o Goberno Local por que non asume como propia a demanda da condonación da débeda do porto da Coruña, a exercer presión política como fixo a Generalitat valenciá.

Sobre esta mesma cuestión, Jorquera esclareceu que València si conseguiu a condonación porque desde o goberno da comunidade autónoma se puxo o perdón do débito como condición para apoiar os obxectivos de déficit no Consello de Política Fiscal e Financeira.

 

 

"Onde está Feixoo? Por que non asume como propia a demanda da condonación da débeda do porto?"