ANA PONTÓN LANZA NA CORUÑA UNHA CAMPAÑA NACIONAL CONTRA OS ABUSOS DO OLIGOPOLIO ENERXÉTICO
"Que fai Feixoo ante a estafa da suba do prezo da luz? Pois literalmente abrazarse ao lobby eléctrico"
"E que fai Feixoo ante esta estafa? Pois literalmente abrazarse ao lobby eléctrico, tal e como mostra a fotografía coa que ilustramos esta campaña, con Feixoo a apertarse co presidente de Iberdrola durante os actos de celebración da vitoria do PP en 2009", engadiu Ana Pontón, quen compareceu perante os medios acompañada por Francisco Jorquera e Avia Veira.
Pontón aproveitou tamén este encontro coa prensa para avaliar a suxestión feita polo ministro Escrivá de que temos que traballar até os 75 anos: "Parece máis unha proposta da patronal bancaria do que dun goberno progresista. Que se dea unha volta x Galiza, onde temos as pensións máis baixas que a media estatal".