Presentes en accións reivindicativas da Asociación Veciñal da Agra e SOS Sanidade Pública

BNG SOS Sanidade Pública
Presentación da ILP de SOS Sanidade Pública
A concelleira do BNG Avia Veira e o responsábel de Organización local da formación nacionalista, Fran Rei, acompañaron esta mañá, en dous actos sucesivos, accións reivindicativas da Asociación Veciñal da Agra do Orzán e a Plataforma SOS Sanidade Pública.
Presentes en accións reivindicativas da Asociación Veciñal da Agra e SOS Sanidade Pública

Veira e Rei estiveron nas oficinas do Concello no Ágora durante o acto de entrega por parte da Asociación Veciñal da Agra das 425 sinaturas visando que o Concello resolva un problema de accesibilidade no barrio, en concreto, a existencia dunha barreira arquitectónica -unha escaleira- entre a rúa Manuel Deschamps e o Camiño do Piñeiral.

Non só impide a accesibilidade universal ao ser unha escaleira, senón que presenta un mal estado, con chanzos desnivelados. Falamos dunha zona de tránsito entre a Agra e o Peruleiro, unha área da cidade que se caracteriza pola súa altísima densidade poboacional e o escaso número de zonas verdes. "Partillamos absolutamente as demandas veciñais de humanización e de posta en práctica de actuacións urxentes que garantan a accesibilidade universal, sen a cal non é posíbel falarmos dunha cidade verdadeiramente democrática", di Veira.

BNG A VV da Agra 1
Avia Veira e Fran Rei, coas veciñas da Agra

A solución a curto prazo é a colocación dunha rampla entre Manuel Deschamps e o Camiño do Piñeiral, mais o que cómpre é inserir esta actuación nun ambicioso plan de humanización do barrio, defende a Asociación Veciñal, nunha posición que o BNG comparte absolutamente e da que xa temos dado conta no Concello a medio de diversas iniciativas.

Canto á plataforma SOS Sanidade Pública, da que o BNG fai parte, Veira e Rei participaron no acto de presentación na nosa cidade da Iniciativa Lexislativa Popular a prol do fortalecemento da atención primaria, seriamente deteriorada polos recortes na sanidade pública practicados polo PP ao longo dos anos.

 

Presentes en accións reivindicativas da Asociación Veciñal da Agra e SOS Sanidade Pública