RESPOSTA DE FRANCISCO JORQUERA Á ALCALDESA INÉS REY

"Aquí o único veto foi ao BNG para o excluír das negociacións do orzamento para 2022"

Jorquera
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, saíu ao paso das declaracións feitas por Inés Rey en que a alcaldesa criticaba a formación nacionalista por supostamente interpor vetos nunha eventual negociación dos orzamentos do Concello para 2023.
"Aquí o único veto foi ao BNG para o excluír das negociacións do orzamento para 2022"

“Quero lembrar que no Concello o único veto foi o imposto polo Goberno que ela preside, cando vetou a participación do BNG na negociación dos orzamentos de 2022”, salienta Jorquera.

Fronte esa actitude excluínte do Goberno Local, o que defende o BNG é, esclarece o voceiro nacionalista, “todo o contrario”, isto é, “que a negociación dos orzamentos para 2023 se faga sen establecer ningunha exclusión”. En todo caso, o BNG si considera que as conversas se teñen que verificar “preferentemente” entre “os grupos que asinaron a principio de mandato un Acordo de Investidura”.

“Se agora Inés Rey mudou de criterio a respecto deses acordos que ela mesma asino, sería bon que o manifestase para a veciñanza e os grupos municipais tomarmos nota”, remarcou.

"Aquí o único veto foi ao BNG para o excluír das negociacións do orzamento para 2022"