PREGUNTA ORAL AO EXECUTIVO CORUÑÉS NO PLENO DO 11A

Jorquera cuestiona que se necesite un Riazor para 48 mil persoas cando o resto das instalacións non dan atendido a crecente demanda

Riazor
Cando o resto das instalacións deportivas da cidade son insuficientes para atender unha crecente demanda -dado o grande incremento da práctica deportiva-, ten sentido que o Concello se comprometese a reformar e ampliar o estadio de Riazor até os 48 mil espectadoras/es cun investimento de aproximadamente 90 millóns de euros?

Esta é cuestión que leva o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, a lle facer unha pregunta oral ao Goberno Local no Pleno do vindeiro xoves, co seguinte texto: “Cales son as prioridades do Goberno Local en materia de recintos deportivos e de espectáculos?”.

A pregunta faina o BNG porque, a piques de se facer un ano das eleccións municipais, a xestión dos complexos deportivos do Castrillón e dos Castros continúa a se prestar en precario e o mesmo acontece coa piscina de Santo Amaro ou o campo de golf da Torre.

Canto ao campo de golf, a concesión -anota Jorquera- caducou en 2017 e o estado da infraestrutura é “cada vez máis lamentábel”, froito “da falta de investimento da anterior concesionaria”.

En realidade, a cidade carece de suficientes instalacións deportivas e “as existentes necesitan melloras e teñen importantes déficits de mantemento”, subliña. Isto tamén é de aplicación a recintos como o Pazo da Ópera, o Fórum Metropolitano ou o Coliseum.

En contraste con esta situación, o Concello vén de lle de trasladar á Federación Española de Fútbol a súa intención de reformar o estadio de Riazor, unha actuación cun custo de 90 millóns de euros.

Esa pretensión suscítalle ao BNG non poucas preguntas. “É necesario un estadio para case 50 mil espectadores, por riba dos mínimos fixados pola FIFA [40 mil]? É xustificábel un gasto de 90 millóns para acoller, no mellor dos casos, dous ou tres partidos do mundial?”, inquire Jorquera.

Eses 90 millóns de euros, remarca, multiplican por 15 o diñeiro orzado anualmente para as instalacións deportivas da cidade. “Como se pensa financiar?”, cuestiona o portavoz do BNG.

De resto, lembra Jorquera que en 1995 o Concello reformou o estadio de Riazor para o ampliar a máis de 35 mil localidades, operación que supuxo a eliminación das pistas de atletismo. “Ás e aos atletas prometéuselles outras pistas. 30 anos despois, continúan agardando. Non queremos que se repitan situacións como esta”, conclúe.

Jorquera cuestiona que se necesite un Riazor para 48 mil persoas cando o resto das instalacións non dan atendido a crecente demanda