UNHA INICIATIVA DE MERCEDES QUEIXAS NO PARLAMENTO GALEGO

Que vai facer a Xunta para obrigar os Franco a cumprir coa lei e a abrir ao público a Casa Cornide?

III Marcha Cívica Casa Cornide
Mercedes Queixas e Jorquera termando da faixa do BNG nunha marcha cívica pola recuperación da Casa Cornide
A Casa Cornide foi declarada pola Xunta como BIC en 2023 -despois de o Parlamento galego ter aprobado en 2020 unha iniciativa do BNG defendendo esa catalogación para o palacete que en tempos foi sede do Concello coruñés.
Que vai facer a Xunta para obrigar os Franco a cumprir coa lei e a abrir ao público a Casa Cornide?

Mais xa desde o 14 de maio de 2021 -momento en que comeza a incoación do expediente de declaración como BIC- o edificio gozaba de protección e os seus titulares contraían obrigas, entre elas a de fixar un réxime de visitas ao público de no mínimo catro días ao mes (catro horas cada un deses días).

Pois ben, desde hai 3 anos a familia Franco -que usurpou o inmóbel durante a ditadura- incumpre as súas obrigas e non permite o acceso do público á Casa Cornide. E o peor é que, salienta a deputada do BNG Mercedes Queixas, “a Xunta olla para outro lado”.

É por isto que Queixas acaba de rexistrar tres preguntas -dúas orais para comisión e Pleno e unha por escrito- instando a Xunta a que force de vez os Franco a cumprir coas súas obrigas como titular dun BIC abrindo ao público a Casa Cornide.

“Levan tres anos incumprindo a lei, tres anos en que a Xunta non fixo absolutamente nada para garantir o dereito da veciñanza a acceder ao interior dun edificio que en tempos acolleu o Concello da Coruña e cuxa titularidade debe ser restituída ao patrimonio público canto antes”, afirma Mercedes Queixas.

A deputada do BNG inquire tamén a Xunta se técnicos da Administración galega teñen accedido á Casa Cornide para realizar o inventario dos bens móbeis alí contidos e evitar que, como ten denunciado a veciñanza, a familia Franco retire obxectos de valor artístico, histórico e patrimonial que fosen usurpados durante a ditadura.

Que vai facer a Xunta para obrigar os Franco a cumprir coa lei e a abrir ao público a Casa Cornide?