Novas
jorquera

Jorquera inquire ao executivo local que fixo para cumprir o compromiso da alcaldesa sobre Isowat

Isowat está nunha situación desesperada, á beira do fechamento, e o portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, quer saber se, tal e como se comprometera co comité de empresa, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, fixo xestións xunto dos gobernos do estado e galego para procurar unha solución que evite a desaparición da fábrica coruñesa.
Ler novas
IMG_20191007_201722

Néstor Rego ve no 10N "unha grande oportunidade para Galiza volver ter voz no Congreso"

Galiza estivo estes últimos anos “ausente” no taboleiro da política estatal, un factor que sen dúbida agravou a situación de “emerxencia social e nacional” pola que atravesa o país. Así o manifestou esta tarde na Coruña o número un do BNG pola provincia nas próximas eleccións xerais, Néstor Rego, durante a súa intervención na Asemblea Aberta realizada polo Bloque da comarca da Coruña no Centro Universitario de Riazor (CUR).
Ler novas
Jorquera e Avia. Pleno ordinario 3 de outubro de 2019

Luz verde ás mocións sobre modernización ferroviaria, declaración do cárcere como BIC e combate á ludopatía

O Pleno do Concello da Coruña, na súa reunión ordinaria deste mes, aprobou as tres mocións propostas polo BNG. A primeira demandaba a mellora das conexións ferroviarias con Ferrol e Lugo (tamén o enlace por camiños de ferro co porto exterior); a segunda procuraba a declaración como BIC do cárcere provincial e a terceira tiña como obxectivo que, desde o marco das súas competencias, o concello se implicase no combate contra a ludopatía.

Ler novas
VideoCapture_20191002-182855

Por iniciativa do BNG, o concello criará un Consello Económico e Social e impulsará un plan de industrialización

BNG e PSdeG-PSOE selaron sete compromisos durante a reunión da comisión de seguimento do seu Acordo de Investidura, realizada este martes no Palacio de María Pita. Un deses sete acordos é a criación, ao longo de 2020, dun Consello Económico e Social que terá entre as súas primeiras tarefas a elaboración dun Plan de Industrialización para a cidade e a comarca.
Ler novas