Novas
Vídeo
Homenaxe a Pedro Galán Calvete 2019

Homenaxe a Pedro Galán Calvete 2019

Un cento de persoas estiveron presente, no cemiterio de Santo Amaro, na homenaxe anual que o grupo de barrio do BNG de Monte Alto tributa a Pedro Galán Calvete, o mozo de 19 anos asasinado polos fascistas en 1936.
Ler novas
Acto de homenaxe a Pedro Galán Calvete 2019

O BNG rende este sábado o seu tributo anual a Pedro Galán Calvete, o mozo galeguista asasinado no 36

O seu corpo apareceu na curva da Corveira o 16 de setembro de 1936. Atopárono unhas leiteiras. Un día antes fora detido polos fascistas e presumibelmente asasinado no propio cárcere. Pedro Galán Calvete apenas tiña 18 anos (nacera en xullo de 1917), mais xa era un dirixente do nacionalismo moi coñecido na Coruña: en 1933 participara, canda Jenaro Marinhas del Valle e outras mozas e mozos, na criación das Mocidades Galeguistas. O seu activismo social levouno tamén a facer parte do núcleo fundador do Clube do Mar, en 1933.
Ler novas