Novas
Rolda de imprensa políticas de mobilidade. Setembro de 2019.

A mobilidade como dereito e non como negocio

Avia Veira critica a presenza nos stands do Obelisco de empresas dos sectores automobilístico e petroleiro e defende que as políticas de mobilidade se acorden non coas grandes compañías, senón en interlocución “co rico tecido asociativo da cidade”

 

Ler novas
Jorquera e Avia. Primeiro pleno ordinario. 12 de setembro.

Resposta do goberno local sobre a situación de Nostián

O grupo municipal do BNG centrou a quenda de perguntas orais do primeiro pleno ordinario do presente mandato na solución aos problemas da planta de residuos de Nostián, a posta en marcha dunha bolsa de vivendas municipais en réxime de aluguer (pactada co PSdeG no acordo de investidura de Inés Rey) e a unificación da rede das bibliotecas municipais através da xestión directa (tamén obxecto de entente co grupo socialista).
Ler novas
Foto Almorzo Informativo BNG. Setembro de 2019.

O "clima de diálogo" ten que se traducir en logros concretos

O diálogo entre as forzas políticas é condición necesaria para dar resposta ás demandas das veciñas e veciños, mais sempre e cando se traduza en logros concretos para a cidade e no cumprimento dos acordos alcanzados. Así o expresaron esta mañá, nun almorzo informativo cos medios, Francisco Jorquera e Avia Veira, un encontro en que portavoz e concelleira do BNG abordaron as tarefas que a formación nacionalista considera prioritarias no comezo do novo curso político.
Ler novas