NÚMERO 1 DO BNG POR A CORUÑA NAS XERAIS DO 10N
Néstor Rego participará este luns nunha asemblea aberta do BNG da comarca
O número un da candidatura do BNG por A Coruña nas eleccións xerais do 10 de novembro, Néstor Rego, vai participar este vindeiro luns nunha asemblea aberta do BNG da comarca.
05 out. 2019 - 20:17
A asemblea –que terá un carácter aberto, isto é, poderán participar nela, alén de militantes, simpatizantes da organización nacionalista– vaise realizar a partir das 20 horas no Centro Universitario de Riazor (CUR).
Unha intervención de Néstor Rego abrirá a asemblea e, após o seu discurso, o candidato ao Congreso manterá un contraste de ideas cos militantes e simpatizantes da formación frentista.