Primeira reunión da Comisión de Seguimento do Pacto de Investidura entre BNG e PSOE
A constitución dunha comisión de seguimento foi un dos compromisos suscritos por ambas forzas no momento de asinaren, o pasado 19 de xuño, o Acordo de Investidura que fixo viábel a escolla de Inés Rey como alcaldesa por parte do pleno da Corporación.
A esta primeira reunión da comisión de seguimento asistiron, polo BNG, Francisco Jorquera e Avia Veira, en canto que a representación do grupo socialista a asumiron José Manuel Lage Tuñas, portavoz do goberno local; Gonzalo Castro, xefe de gabinete da alcaldesa; e Santiago Roura, coordenador xeral municipal.