Novas
Un dos momentos da intervención de Francisco Jorquera na rolda de prensa

Sobre os orzamentos da Xunta

O proxecto de Orzamentos 2020 da Xunta son, no que ten a ver con A Coruña, "decepcionantes e marcadamente insuficientes", avaliou este sábado o portavoz nacionalista en María Pita, Francisco Jorquera, nunha valoración de urxencia das contas do goberno galego que o Bloque completará nos próximos días após unha análise máis demorada.
Ler novas
Rexistro do concello

A necesaria reforma das oficinas do Rexistro e do Padrón

Longas filas de persoas a agardaren para ser atendidas, xente que fica fóra das instalacións municipais con bebés no colo, traballadoras que desempeñan as súas funcións sen que se cumpran as condicións mínimas previstas nas normativas de saúde laboral e prevención de riscos laborais, instalacións que non garanten a accesibilidade ás persoas con mobilidade reducida...
Ler novas
Vivendas

Veira pregunta sobre a execución das axudas para rehabilitación

En 2018 o Concello dispuña dunha partida de 2.650.000 euros –o que representaba un incremento de 30 por cento a respeito de 2015- para financiar a rehabilitación de vivendas na cidade. Desa cantidade, e segundo recolle a Memoria de Xestión de 2018, só se gastou algo menos dun 75 por cento, isto é, e a diferenza do que viña ocorrendo no pasado, non se executou totalmente a partida. Ficou sen gastar, por tanto, por volta de medio millón de euros duns fondos que o BNG xulga como clave para a necesaria rexeneración urbana de calidade.
Ler novas