Unha moción para tirar proveito a todo o potencial turístico da cidade, corrixindo as carencias das políticas do Concello
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vai levar ao Pleno deste xoves 8S unha moción para “aproveitar ao máximo o potencial turístico da Coruña”, corrixindo “unha serie de feblezas e carencias” que marcan as políticas seguidas desde o Concello nesta materia.
Todo apunta a que a escolla de Moisés Naranjo foi un dedazo e non froito dun concurso transparente
Exiximos ao Goberno da Marea Atlántica que faga unha nova edición do mapa turístico da cidade
O mapa editado a finais de agosto contén innumerábeis deturpacións toponímicas de lugares da cidade así como de vilas do país
Ademais de se editar a finais da temporada estival e non no seu comezo, cousa que xa nos parece ilóxica, edítase facendo cun grave incumprimento e falta de respecto da nosa toponimia: exiximos ao Executivo da Marea a retirada inmediata deste mapa, tanto da páxina web como das súas versións en papel, e a edición dun novo con todos os nomes na súa única forma correcta