O BNG pídelle ao Goberno Local que tome as medidas precisas para acabar coa ocupación ilegal en Palavea
Para cando se amañará o cableado en Palavea?
Preguntámoslle ao Goberno municipal para cando ten pensado dar solución a situación do cableado no barrio de Palavea
A actuación está paralizada malia ser unha das 57 anunciadas para realizar antes do remate de 2016 e que, segundo a páxina web do concello “Visor de obras e proxectos”, se iniciou con data 18 de outubro de 2017, cun prazo de execución estimado de 2 meses, cando na actualidade segue sen realizarse
Como se pode verificar in situ, o cableado segue colgado de xeito provisional na maioría dos bloques de casas de Palavea, á altura de fiestras e mesmo de portas de acceso de vivendas, a unha altura á que existe máis dunha posibilidade de risco para a integridade física das persoas. Incluso nalgún caso o cableado, ao se desprender do seu soporte provisional, está no chan. Cómpre de xeito urxente realizar esta actuación que se prolonga desde hai varios anos, o que amosa unha inacción fora de calquera lugar
Asemblea Aberta de Palavea: primeiro encontro para as achegas aos orzamentos 2017
Comezamos en Palavea, na tarde de onte, a primeira das asembleas abertas que desenvolveremos ao longo deste mes polos barrios da cidade para recoller as propostas da veciñanza aos orzamentos 2017
Avia Veira e David Pena atenderon á veciñanza que trasladou as súas propostas de actuación, entre outras, o asfaltado integral das rúas do barrio e construción de beirarrúas, a mellora dos servizos ofrecidos no centro cívico, co aumento de prazas nas actividades para dar cobertura á veciñanza do barrio, así como tamén a mellora dos servizos da asistencia social
Dentro das visitas programadas, temos previsto achegármonos este venres, a partir das 11.00 h, ao barrio da Silva acompañados por veciñas e veciños do barrio