BARRIOS

Para cando se amañará o cableado en Palavea?

Situación do cableado hoxe en día suspendido provisionalmente nas fachadas dos edificios de Palavea
Situación do cableado hoxe en día suspendido provisionalmente nas fachadas dos edificios de Palavea

Preguntámoslle ao Goberno municipal para cando ten pensado dar solución a situación do cableado no barrio de Palavea

A actuación está paralizada malia ser unha das 57 anunciadas para realizar antes do remate de 2016 e que, segundo a páxina web do concello “Visor de obras e proxectos”, se iniciou con data 18 de outubro de 2017, cun prazo de execución estimado de 2 meses, cando na actualidade segue sen realizarse

Como se pode verificar in situ, o cableado segue colgado de xeito provisional na maioría dos bloques de casas de Palavea, á altura de fiestras e mesmo de portas de acceso de vivendas, a unha altura á que existe máis dunha posibilidade de risco para a integridade física das persoas. Incluso nalgún caso o cableado, ao se desprender do seu soporte provisional, está no chan. Cómpre de xeito urxente realizar esta actuación que se prolonga desde hai varios anos, o que amosa unha inacción fora de calquera lugar

Para cando se amañará o cableado en Palavea?

Vimos de presentar unha batería de preguntas (podes descargala premendo aquí) para a súa resposta escrita no vindeiro Pleno ordinario a respecto da situación do clableado do barrio de Palavea.

Esta actuación, unha das 57 anunciadas pola Concellaría de Rexeneración Urbana para realizar antes do remate de 2016 e que, segundo a páxina web do concello “Visor de obras e proxectos”, se iniciou con data 18 de outubro de 2017, cun prazo de execución estimado de 2 meses, segue sen concluírse.

Demandamos, pois, explicacións por segunda vez ao Executivo despois de que xa en xaneiro do ano pasado presentaramos unha iniciativa na que solicitaban aclaracións sobre os prazos que se estimaban para a súa execución.

Outra das vivendas en Palavea con cableado provisional

A aquela altura remitíusenos á páxina do Concello onde se rexistran as obras que se están realizando na cidade. Constatamos que estaba en fase de proxecto, e no mes de outubro comprobamos como se anunciaba a súa inminente execución, estimada para dous meses, mais ao cabo xa de case seis, segue sen completarse, polo que demandamos do Goberno da Marea que aclare que prazos manexa para a realización definitiva desta actuación:

Como se pode verificar in situ, o cableado segue colgado de xeito provisional na maioría dos bloques de casas de Palavea, á altura de fiestras e mesmo de portas de acceso de vivendas, a unha altura á que existe máis dunha posibilidade de risco para a integridade física das persoas. Incluso nalgún caso o cableado, ao se desprender do seu soporte provisional, está no chan. Cómpre de xeito urxente realizar esta actuación que se prolonga desde hai varios anos, o que amosa unha inacción fora de calquera lugar.

Por último, tamén lle preguntamos ao Goberno municipal, dentro da mesma iniciativa, se ten pensado realizar outras actuacións durante todo o que queda de mandato.

 

A Coruña, 28 de febreiro de 2018.

Para cando se amañará o cableado en Palavea?