ORZAMENTOS MUNICIPAIS 2017

Asemblea Aberta de Palavea: primeiro encontro para as achegas aos orzamentos 2017

Un dos momentos da asemblea aberta na que participou veciñanza de Palavea

Comezamos en Palavea, na tarde de onte, a primeira das asembleas abertas que desenvolveremos ao longo deste mes polos barrios da cidade para recoller as propostas da veciñanza aos orzamentos 2017

Avia Veira e David Pena atenderon á veciñanza que trasladou as súas propostas de actuación, entre outras, o asfaltado integral das rúas do barrio e construción de beirarrúas, a mellora dos servizos ofrecidos no centro cívico, co aumento de prazas nas actividades para dar cobertura á veciñanza do barrio, así como tamén a mellora dos servizos da asistencia social

Dentro das visitas programadas, temos previsto achegármonos este venres, a partir das 11.00 h, ao barrio da Silva acompañados por  veciñas e veciños do barrio

Asemblea Aberta de Palavea: primeiro encontro para as achegas aos orzamentos 2017

Onte á tarde, xoves día 10 de novembro, realizamos a primeira das asembleas abertas que temos previsto facer durante este mes polos barrio da cidade para recoller as achegas da veciñanza de cara a elaboración das nosas propostas aos orzamentos municipais 2017.

Deste xeito, o barrio de Palavea foi o escollido para comezar esta rolda de contactos coa veciñanza, que ten por obxecto recabar as suxestión que as veciñas e veciños e comerciantes, dos distintos barrios, queren que sexan incorporadas como investimentos para o exercicio do ano que ven.

Así, Avia Veira explicou na súa intervención que, o ano pasado, grazas aos contactos e entrevistas realizadas co obxecto de elaborar as nosas propostas para os orzamentos, chegomos a trasladar o Goberno municipal 129 actuacións prioritarias nos barrios, moitas das cales foron finalmente excluídas do documento final e que hoxe en día seguen sen ser atendidas polo Executivo local.

Pola súa parte, David Pena, explicou o fundamento destas reunións: o BNG quere ir barrio a barrio a coñecer de primeira man que propostas ten a veciñanza. Así elaboramos o noso programa electoral #TodasAsCoruñas, e así entendemos que se debe facer política: escoitando á xente”, indicaba nun momento da súa intervención.

Veciñanza de Palavea intervindo nun momento da asemblea abertaAsí, as principais propostas de actuacións que nos trasladou a veciñanza de Palavea, entre outras, son o asfaltado integral das rúas do barrio e construción de beirarrúas, a mellora dos servizos ofrecidos no centro cívico, co aumento de prazas nas actividades para a cobertura á veciñanza do barrio, así como tamén a mellora dos servizos da asistencia social.

Asemade, outras actuacións que puideran sen incluídas como investimento na zona e que se debateron onte son a dotación dunha biblioteca, a construción dunha pista polideportiva para o barrio, así como a habilitación dalgún espazo físico no propio centro cívico ou noutro lugar para artellar dunha alternativa de lecer para a mocidade acompañándoo coa dotación de profesionais e educadores como servizo complementario do propio centro cívico.

Por último, informamos que dentro das visitas programadas, temos previsto achegármonos este venres, día 11, ao barrio da Silva, a partir das 11.00 h, acompañados por veciñas e veciños do barrio, para seguir recollendo as propostas da cidadanía da Coruña.

A Coruña, 10 de novembro de 2016

Asemblea Aberta de Palavea: primeiro encontro para as achegas aos orzamentos 2017