A raíz da denuncia do BNG, o Concello desenterrou os entullos de Palavea, mais aínda queda un buraco

A raíz da denuncia do BNG, o Concello desenterrou os entullos de Palavea, mais aínda queda un buraco

A Coruña, 16 de outubro de 2014- O Grupo Municipal do BNG informa de que a raíz da denuncia formulada polas nacionalistas, a instancias da veciñanza de Palavea, a empresa que desenvolve as obras municipais neste barrio procedeu a desenterrar os entullos que previamente soterrara no Campo da Pena. Porén, segundo lle transmitiron ao BNG os veciños e veciñas de Palavea, aínda quedan cascallos sen desenterrar, xa que dun total de tres buracos abertos pola maquinaria para soterrar restos de obras como tubaxes, restos de asfalto ou poliespán, só foron abertos para o seu baleirado dous. Deste xeito, aínda quedan entullos diante do panel coa información das obras máis alto. Os buracos desenterrados atopábanse na parte posterior aos paneis.

O Grupo Municipal do BNG exíxelle ao Goberno do Sr. Negreira que explique por que o Concello incumpriu as normativas correspondentes nunhas obras municipais permitindo abrir até tres buracos no Campo da Pena –na zona que vai estar cuberta por herba- para soterrar de xeito indebido desde tubaxes a anacos de poliespán e restos de asfalto, en lugar de acumular os entullos nos colectores de obra correspondentes. Precisamente, as nacionalistas presentaron unha batería de preguntas para a resposta escrita co fin de saber por que en obras de titularidade municipal se soterraron cascallos no canto de seren acumulados no preceptivo colector de obra para o seu tratamento posterior e que pensa facer o Goberno municipal diante desta grave infracción nunha obra municipal.

As nacionalistas sinalan que o artigo 43 da ordenanza municipal que regula a xestión de residuos municipais e limpeza viaria está dedicado aos residuos de construción e demolición. Este capítulo da ordenanza municipal remite á normativa da Xunta de Galiza (Plan de xestión de residuos industriais e solos contaminados de Galicia, ao Real Decreto 105/2008, do 1 de febreiro, polo que se regula a produción e xestión dos residuos de construción e demolición e mais ao programa de xestión de residuos de construción e demolición de Galicia).

 

A raíz da denuncia do BNG, o Concello desenterrou os entullos de Palavea, mais aínda queda un buraco