O BNG insta o Sr. Negreira a resolver a situación de abandono de edificios deshabitados de Palavea
A Coruña, 26 de setembro de 2014- Ante as queixas recibidas por veciños e veciñas de Palavea, que se puxeron en contacto co Grupo Municipal do BNG, as nacionalistas instan o Goberno do Sr. Negreira a adoptar de inmediato as medidas necesarias para evitar as condutas incívicas de persoas que acceden ao interior de edificios do barrio que están deshabitados para substraeren materiais de vivenda.
Estes veciños e veciñas, que acusan o Sr. Negreira de permitir o abandono destes edificios, puxéronse en contacto co BNG para transmitir a preocupación pola súa seguridade e polas molestias de ruídos e desperfectos derivados desta situación. Lamentan que o Goberno do Sr. Negreira se inhiba destes problemas e se limite a enviar a policía local para precintar os portais con bandas plásticas que indican que o paso está prohibido.