nostián
Novas
Conferencia de prensa modelo Coruña tratamento lixo

Jorquera lamenta que a alcaldesa non defendese ante o Estado o modelo coruñés de tratamento do lixo

O portavoz do BNG no Concello e candidato nacionalista á Alcaldía en maio, Francisco Jorquera, anunciou esta mañá que no Pleno do vindeiro 2 de febreiro o Bloque vaille formular unha pregunta oral ao Executivo coruñés para saber que xestións fixo a alcaldesa con vistas a defender, durante a tramitación da Lei de Residuos, o modelo húmido seco de xestión e tratamento de residuos, o que cualificou como modelo coruñés.
Ler novas
Novas
Imaxe do exterior da Planta de Nostián

O novo Nostián será máis caro para o Concello e deitará no vertedoiro o triplo do fixado pola normativa

O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, denuncia que, despois de tres anos de espera pola nova licitación, no próximo contrato da planta de tratamento de residuos de Nostián o custo para o Concello por tonelada de residuos será o dobre do actual e a porcentaxe de refugallos con destino ao vertedoiro alcanzará máis de 30%, o triplo do fixado pola normativa estatal.
Ler novas
Novas
Imaxe do exterior da Planta de Nostián

Unha moción para se licitar o novo contrato de Nostián canto antes

O BNG vai levar unha moción ao Pleno do vindeiro xoves 10N por medio da cal insta o Goberno Local a que proceda a licitar “coa máxima celeridade e rigor” o contrato que rexe sobre  a planta de Nostián, sendo que a actual concesión caducou en decembro de 2019 e que, por tanto, desde aquela altura o servizo préstase en precario.
Ler novas
Novas
Reunión Francisco Jorquera con integrantes do comité de empresa de Albada.

Levaremos a Pleno a demora na licitación do novo contrato de Nostián

O portavoz do BNG en María Pita e o secretario de Organización da formación nacionalista na Coruña –Francisco Jorquera e Fran Rei, respectivamente- mantiveron esta mañá un encontro con integrantes do comité de empresa de Albada, a concesionaria da planta de tratamento de residuos de Nostián. A reunión tivo lugar na sede comarcal do BNG, na rúa das Donas
Ler novas