Novas

O Pleno aproba unha moción do BNG sobre as necesidades do barrio da Silva

A moción, que obtivo o apoio de toda a Corporación, defendeuna a concelleira Mercedes Queixas no curso do Pleno que se realizou o 8 de maio.

O obxectivo, que o Goberno Local dese cumprimento a unha outra iniciativa do BNG tamén aprobada polo Pleno, en xaneiro de 2021 en que se recollían demandas da veciñanza.

“Catro anos de incumprimentos coas veciñas e veciños da Silva e de Cances”, criticou Queixas.

En síntese, o que demanda o BNG é que se executen as actuacións aprobadas nos orzamentos participativos de 2017, 2018 e 2019, ben como tamén adoptar medidas que doten a entrada da Silva dunha maior seguridade para o tránsito das persoas (elevar os dous pasos de peón da rúa Jaime Hervada, instalar semáforos...).

Igualmente, a moción insta o Goberno Local a facilitar a accesibilidade dos vehículos de emerxencia e de recollida do lixo e a instalar un parque infantil e unhas máquinas biosaudábeis no patio traseiro do Centro Cívico da Silva, ao tempo que se estende a rede público de saneamento, se garante a dotación de fibra de internet, se mellora a limpeza e se retira a herba da Pampa na contorna da Rolda do Real Club Deportivo.

O Pleno aproba unha moción do BNG sobre as necesidades do barrio da Silva