CANCELADA DEFINITIVAMENTE A ACTUACIÓN

O BNG celebra que o Concello retire a autorización para a celebración do concerto de Diego El Cigala

Captura de pantalla 2025-07-07 144300
Anfiteatro do Parque de Santa Margarida
O BNG celebra que o Concello retire a autorización para a celebración do concerto de Diego El Cigala, programado para o día 22 de xullo no Parque de Santa Margarida.
O BNG celebra que o Concello retire a autorización para a celebración do concerto de Diego El Cigala

O Goberno Local toma esta decisión após a concelleira do BNG Mercedes Queixas rexistrar un rogo oral o pasado venres en que demandaba xestíóns do Executivo coruñés para se cancelar o concerto de Diego El Cigala, concenado a dous anos e un mes de cadea por violencia machista.

En primeira instancia, a alcaldesa Inés Rey afirmou, en declaracións a Radio Voz, que o Concello non podía cancelar o concerto, ao ser promovido por un promotor privado. Mais o certo é que o evento contaba coa colaboración do Concello, ao autorizar o uso do Parque de Santa Margarida.

Posteriormente, o Goberno Local corrixiu esta reacción inicial e dirixiuse á promotora para que o concerto non tivese lugar.

Agora coñecemos que se nega a autorización municipal para o uso deste espazo, decisión que celebramos.

A raíz da retirada da autorización municipal, a promotora do concerto anunciou finalmente a súa cancelación.

Tolerancia cero á violencia machista!

O BNG celebra que o Concello retire a autorización para a celebración do concerto de Diego El Cigala