A ALCALDESA PRIMEIRO BOTOU BALÓNS FÓRA, MAIS DESPOIS REACCIONOU E ACABOU ATENDENDO A PETICIÓN DE MERCEDES QUEIXAS
Após o BNG o demandar, o Goberno Local diríxese á promotora para que se cancele o concerto de Diego El Cigala
O BNG enviou aos medios unha nota de prensa sobre a iniciativa rexistrada por Mercedes Queixas e a reacción inicial da alcaldesa, en declaracións a Radio Voz, foi a de botar balóns fóra.
"Nós non o contratamos. É un concerto que trouxo unha promotora privada. Nós cedemos o espazo como a calquera outro promotor que cumpre unha serie de requisitos. Mais nós non podemos cancelar algo que non contratamos, promovemos ou financiamos. É competencia da promotora", dixo.
Mais o que o BNG lle pedía no rogo oral é que o Goberno Local realizase xestións para que a promotora cancelase a actuación no marco dun festival que conta coa colaboración do Concello.
Tratábase pois de facer unha chamada á promotora e pedirlle que se cancelase o concerto por o considerar non grato para unha cidade que rexeita a violencia machista.
Finalmente, a alcaldesa corrixiu a súa reacción inicial -a de botar balóns fóra e desprazar a responsabilidade á promotora- e acabou facendo o que lle pedíamos, cousa que celebramos.