ENCONTRO CON ASCEGA
O BNG reafirma o seu "claro compromiso" cos autónom@s e co tecido de microempresas, a base da economía galega
Por parte do BNG asistiron á reunión Xosé Luís Rivas 'Mini', Mercedes Queixas e Tono Chouciño, número 2, 3 e candidato suplente da lista do BNG pola Coruña ao Parlamento galego, respectivamente; o portavoz nacionalista en María Pita, Francisco Jorquera, e a concelleira Avia Veira.
O BNG trasladou a Ascega o seu "claro compromiso" de prestar un decidido apoio desde o goberno do cambio galego que vai liderar Ana Pontón ao tecido de autónom@s e microempresas que constitúen a base da economía galega. En expresión de Francisco Jorquera, "o PP di apoiar as empresas galegas, pero en realidade só apoia os grandes oligopolios e a determinados empresarios amigos. Non as pemes nin aos autónomos, que son o alicerce básico da economía no noso país".
"A reunión foi moi frutífera", valorou ao seu termo 'Mini': "Constatamos que temos moitos puntos de coincidencia. A crise que vén aínda non asomou o fuciño e temos que preparaRnos para ela. Desde o BNG farémolo en diálogo permanente coa sociedade. A nosa intención é a de continuarmos a ter un diálogo franco e aberto co mundo empresarial, nomeadamente coa pequena e a mediana empresa", concluíu.