MERCEDES QUEIXAS EN BERGONDO

"A fenda dixital no ensino é o reflexo da fenda social que nos deixan os anos de goberno de Feijóo"

Mercedes Queixas en Bergondo
Mercedes Queixas en Bergondo

A número 3 da candidatura do BNG ao Parlamento galego, Mercedes Queixas, mantivo esta mañá un encontro coa ANPA do CPI Cruz do Sar de Bergondo.

"A fenda dixital no ensino é o reflexo da fenda social que nos deixan os anos de goberno de Feijóo"

"Foi unha reunión moi frutífera en que abordamos as necesidades de recursos humanos e materiais que ten este centro. Desde logo trasladeilles que o reforzo do ensino público será unha das prioridades do goberno do cambio galego que vai liderar Ana Pontón", di Queixas, quen estivo acompañada por David Carro, concelleiro do BNG en Bergondo.

"Unha das leccións máis claras que nos deixa a pandemia é que debemos reforzar os servizos públicos, e desde logo entre eles o ensino. Vimos como os centros públicos galegos non estaban preparados. Sabemos que apenas 10 por cento deles están conectados con Internet a través de fibra óptica, cando a media estatal supera o 60 por cento. As responsabilidades do Goberno Feixóo neste asunto son evidentes. O PP nunca se preocupou polo ensino público, en contraste coa atención que lle presta aos privados", considera Queixas, para quen "a fenda dixital no ensino non é senón reflexo da fenda social, das desigualdades sociais, que nos deixan os anos de goberno de Feijóo".

"Na reunión tamén apareceu un tema recorrente cando falas con persoas da comunidade escolar e a denuncia de que a Xunta non conta absolutamente nada con ela á hora de planificar o ensino no noso país. E isto é especialmente grave se temos en conta que a preparación do próximo curso vai esixir dun celo e dun coidado especial", conclúe a candidata nacionalista.

 

 

"A fenda dixital no ensino é o reflexo da fenda social que nos deixan os anos de goberno de Feijóo"